As Xornadas Carballo na Memoria dedicarán o xoves 10 de setembro unha sesión especial a Fernando Cabeza Quiles, moi vinculado ao proxecto e participante habitual nas edicións anteriores.
A programación comezará ás 19.00 horas nas Escolas do Xardín Agra de Caldas coa intervención “Os nomes da terra”, a cargo de Rocío Romar Roel, profesora de Xeografía e Historia e experta en toponimia. Presentará a sesión Fina Pacoret.
A xornada completarase cunha ruta pola microtoponimia carballesa guiada por Xurxo Souto, profesor, músico, escritor e dinamizador cultural.
A proposta dá continuidade a unha das liñas de traballo máis importantes de Carballo na Memoria: a recuperación dos nomes tradicionais do territorio e das historias que gardan.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.