A web oficial do concello de Carballo

Convocatoria de bases de uso de instalacións deportivas para a tempada 2026/2027

Aberto o prazo da convocatoria de bases de uso de instalacións deportivas para a tempada 2026/2027.

As solicitudes poderán presentarse durante 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria na páxina web municipal (www.carballo.gal) e no taboleiro de anuncios electrónico do Concello, polo que o prazo estará aberto desde o 24 de xullo ata o 6 de agosto, incluídos.