A web oficial do concello de Carballo

Sanidade facilita un servizo de transporte gratuíto para o Programa de Detección Precoz do Cancro de Mama

A Consellería de Sanidade, a través do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama, pon a disposición das veciñas do concello de Carballo un servizo de transporte gratuíto de ida e volta para facilitar o seu desprazamento á Unidade de Exploración Mamográfica, situada no Hospital Abente y Lago da Coruña.

Para adaptarse ás citas médicas, o servizo contará con dous horarios principais de saída organizados segundo a hora de citación no centro hospitalario: un primeiro grupo para as mulleres citadas entre as 9:00 e as 10:00 horas, e un segundo grupo para as citas programadas a partir das 12:30 horas.

Lugar de parada
Horas de saída
Capela da Milagrosa08:00 h / 11:15 h
Diante da Estación de Autobuses (fronte ao antigo Mercadona)08:05 h / 11:20 h
Rúa Perú (na parada do autobús, preto do Parque Rego da Balsa)08:07 h / 11:22 h
Rúa Vázquez de Parga, 120 (na parada fronte ao súper Andrade)08:10 h / 11:25 h
Bertoa (diante da Igrexa) 08:15 h / 11:30 h

As usuarias recibirán a información detallada e personalizada xunto coa súa correspondente citación oficial do programa de cribado. Dende a Unidade Central do programa lémbrase a importancia de acudir puntual á parada elixida para garantir o correcto funcionamento do servizo coordinado.