A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Recital-presentación “Os fíos de Begoña”

12/07/2026
19:00
Xardín Municipal

PLIC! | Os fíos de Begoña. Unha achega en palabras, música e imaxes á vida de Begoña Caamaño é unha homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño, figura á que se lle dedica o Día das Letras 2026. A proposta combina palabras, música e imaxes para percorrer a súa vida e o seu legado. A través dunha proposta emotiva e participativa, o espectáculo reivindica o compromiso da autora coa lingua, o feminismo e a cultura galega, achegando ao público a figura dunha das voces máis relevantes da literatura e do xornalismo contemporáneos.

Esta actividade xorde a partir do álbum ilustrado Os fíos de Begoña, que achega ao público máis novo a vida e o legado de Begoña Caamaño. Con texto de Eva Mejuto e ilustracións de Nuria Díaz, a obra percorre a infancia, a traxectoria como xornalista, escritora e activista, así como o seu compromiso coa lingua, a igualdade e a xustiza social.

Eva Mejuto (Sanxenxo) é escritora, xornalista e xestora cultural. Especializada en literatura infantil e xuvenil, desenvolveu unha ampla traxectoria no ámbito editorial e é autora de obras como 22 segundos, Memoria do silencio, A ladroa da biblioteca de Meirás e O día que choveron gatos. A súa obra foi recoñecida en diversos certames, entre eles o Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade, e destaca polo seu compromiso coa memoria e a igualdade.

  • A actividade corre a cargo de Eva Mejuto e Marcelo Dobode que pon a música e a interpretación, acompañando a narración cunha proposta artística moi vencellada á tradición oral e á emoción.

Non hai campos definidos para este produto.