A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Presentación de “O dragón anoado” de Alberto Varela Ferreiro

09/07/2026
19:00
Xardín Municipal

PLIC! | O carballés Alberto Varela Ferreiro é deseñador gráfico, ilustrador e autor de banda deseñada. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona, desenvolveu unha ampla traxectoria no mundo da ilustración, o deseño e a narrativa gráfica. É autor de obras como Ulf de Jakobsland, Wolfram, Plus Ultra. Transición ao futuro e O dragón anoado, nas que combina aventura, historia e memoria cun coidado estilo visual.

O dragón anoado é unha novela gráfica de aventuras que segue a historia de Antón Seixas, un mozo galego emigrado a Cuba que, tras verse envolto nunha perigosa trama criminal, debe fuxir e reinventarse como o detective Xeixas Johnson. Unha obra que mestura acción, humor e memoria histórica, ao tempo que rende homenaxe aos clásicos da banda deseñada e ao personaxe creado polo propio autor nos anos oitenta.

  • Alberto Varela estará acompañado por Xaime Díaz.

Non hai campos definidos para este produto.