Ondas Culturais | Como cada verán, o cinema ao aire libre forma parte importante da programación cultural de Carballo. Neste caso, co ciclo Noites de cine que inclúe proxeccións de películas os mércores e xoves en diferentes espazos do concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias.
En Rondallas, dous anos despois do naufraxio dun pesqueiro que marcou un pequeno pobo mariñeiro galego, os seus habitantes deciden recuperar a ilusión creando de novo a rondalla local. A música converterase no motor para deixar atrás o loito e volver mirar ao futuro.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.