A web oficial do concello de Carballo

Noites de cine | “Campamento Garra de oso”

15/07/2026
22:30
Praza do Chorís

Ondas Culturais | Como cada verán, o cinema ao aire libre forma parte importante da programación cultural de Carballo. Neste caso, co ciclo Noites de cine que inclúe proxeccións de películas os mércores e xoves en diferentes espazos do concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias.

En Campamento Garra de oso Maia, unha nena imaxinativa e inqueda, e Jan, un rapaz urbanita e medorento, deberán unir forzas para salvar un campamento de verán ameazado por un excéntrico construtor. Na súa aventura contarán coa axuda de Fritz, unha divertida e rosmona mofeta faladora, coa que loitarán por protexer o val e os seus animais.

  • Praza do Chorís
  • Todos os públicos
  • Duración aproximada: 98 minutos
  • Comedia e aventuras
  • Acceso libre ata completar a capacidade

Non hai campos definidos para este produto.