Ondas Culturais | Como cada verán, o cinema ao aire libre forma parte importante da programación cultural de Carballo. Neste caso, co ciclo Noites de cine que inclúe proxeccións de películas os mércores e xoves en diferentes espazos do concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias.
En El Casoplón Toñi, Carlos e os seus tres fillos pasan un verán sen vacacións, encerrados nun pequeno piso e soportando unha intensa vaga de calor. Cando o aire acondicionado se estraga, atopan un inesperado refuxio na casa onde Carlos traballa como xardineiro. O que comeza como unha solución provisional converterase nunhas vacacións inesquecibles cheas de aventuras, que lles farán descubrir o que realmente importa.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.