Ondas Culturais | SON DE AQUÍ. Este verán as Ondas Culturais, inclúen visitas guiadas antes de catro das actuacións do programa en lugares senlleiros do municipio. Terán lugar no Miradoiro de Santa Irene, na Igrexa de Sísamo, na Igrexa de Sofán e no Barrio do Chorís. Antes do concerto de Do Rivés está previsto realizar unha visita polo barrio do Chorís. Porase o foco na súa historia, nomeadamente no castro, nos edificios de augas, no campo de fútbol e na zona escolar. Para participar é necesario realizar unha inscrición previa gratuíta no formulario de abaixo. Hai un máximo de 25 prazas.
Do Rivés é unha formación que traballa arredor da música tradicional galega desde unha perspectiva contemporánea e respectuosa coa transmisión oral. O grupo destaca pola súa forza colectiva, pola presenza da percusión de man e por unha proposta estética e sonora que busca conectar a tradición co presente desde a emoción, o corpo e o baile. No seu primeiro álbum Contrabando, o grupo traballa sobre diferentes formas e sonoridades ligadas á tradición da Costa da Morte, incorporando tamén variantes dialectais e formas de cantar propias da comarca.
23 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.