Ondas Culturais | SON DE AQUÍ. Este verán as Ondas Culturais, inclúen visitas guiadas antes de catro das actuacións do programa en lugares senlleiros do municipio. Terán lugar no Miradoiro de Santa Irene, na Igrexa de Sísamo, na Igrexa de Sofán e no Barrio do Chorís. Neste caso, antes do concerto de Manu Sija está previsto, a través das figuras de gaiteiros como Evaristo, das pandereteiras do lugar, ou das mártires de Sofán, percorrer a historia da parroquia e as evolucións das expresións musicais en Sofán e a súa contorna. Para participar é necesario realizar unha inscrición previa gratuíta no formulario de abaixo. Hai un máximo de 25 prazas.
Manu Sija é un dos referentes máis innovadores do jazz contemporáneo en Sudamérica. Multi instrumentista autodidacta e compositor cun enfoque visceral na improvisación, fusiona a linguaxe do jazz moderno co folclore arxentino e coa experimentación electrónica en vivo, creando una experiencia sonora que cruza fronteiras estilísticas e xeográficas. Virtuoso do violín, baixo, guitarra, bandoneón, teclados e percusión, Sija utiliza o live looping para construír paisaxes sonoras complexas e orgánicas en tempo real.
📷 Carolina Díguele
25 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.