Ondas Culturais | SON DE AQUÍ. Este verán as Ondas Culturais, inclúen visitas guiadas antes de catro das actuacións do programa en lugares senlleiros do municipio. Terán lugar no Miradoiro de Santa Irene, na Igrexa de Sísamo, na Igrexa de Sofán e no Barrio do Chorís. Neste caso, antes do concerto de Unto Vello, está previsto realizar un percorrido pola contorna de Baldaio para coñecer a súa riqueza folclórica e musical a través da figura de Carlos Díaz “O Xestal”. Tamén se falará da memoria histórica do espazo natural. Para participar é necesario realizar unha inscrición previa e gratuíta no formulario de abaixo. Hai un máximo de 25 prazas.
Unto Vello, Bieito Pereira e Xabi Gómez, conforman un dos proxectos maís importantes dos sons tradicionais galegos, cunha música dedicada ao baile e á voz, acompañados de percusión, gaita e acordeón. Inmaterial é o nome do seu novo traballo co que tecen comunicade a través do baile grazas a un intenso labor de investigación e reinterpretación das melodías tradicionais do país. Foron finalistas nos Premios Martín Códax 2026. Neste caso a entrada é libre e de balde.
18 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.