A web oficial do concello de Carballo

Recomendacións e avisos para a cidadanía con respecto á pirotecnia das festas de San Xoán

Transmitímoslle á cidadanía os horarios dos disparos dos fogos de ruído previstos para este San Xoán para que as persoas con mascotas ou que padezan de sensibilidade acústica podan anticiparse. Tamén informamos das medidas de seguridade recomendadas para o público que asista ao espectáculo de fogos de artificio que terá lugar o domingo 28 de xuño a partir das 00.00 horas na Agra da Lagoa e que correrán a cargo de Pirotecnia Rocha-Areas.

Tamén hai que lembrar que un ano máis porase en práctica a HORA DO SILENCIO nas barracas e atraccións situadas no Rego da Balsa, que será de 18.00 a 19.00 horas todos os días desde o 19 de xuño, en que comeza o seu funcionamento, ata o fin das festas.

Recomendacións de seguridade para os fogos de artificio:

1. Os fogos artificiais e as celebracións van xuntos. Pero os fogos artificiais poden ser perigosos e ocasionar graves queimaduras e lesións nos ollos.

2. É conveniente acudir coa antelación suficiente ao lugar de celebración, polo menos uns 30 minutos antes.

3. Deben obedecerse as instrucións do persoal de seguridade e organización do evento e respectar as barreiras de seguridade. Non hai que achegarse ao lugar onde están lanzando os fogos. De feito, a mellor vista dos fogos artificiais é a 150 metros de distancia ou moito máis alá.

4. No caso de acudir con nenos pequenos (non levar nunca bebés con carritos, etc., por propia seguridade) é conveniente chegar pronto para situalos xunto á barreira de seguridade para unha maior comodidade.

5. En caso de sentirse mal (lipotimias, mareos) ou sufrir algunha ferida durante o espectáculo, acudir aos Membros de Asistencia Sanitaria que estarán situados de forma estratéxica ao longo da Barreira de Seguridade.

6. Durante o disparo dos fogos artificiais é bastante frecuente, se estamos situados na dirección do vento, que caian restos de cinza. En caso de introducirse nos ollos, convén lavar con auga abundante e non frotarse.

7. Aínda que é raro que aconteza, si un compoñente do lume artificial cae ao piso sen explotar preto de ti, non se debe tocar, nin empuxalo co pé (xa que se pode reactivar e explosionar). Hai que avisar inmediatamente a persoal de seguridade do evento: Policía, Bombeiros ou Protección Civil. Nunca o manipules.

8. Deixar as mascotas na casa porque teñen os oídos sumamente sensibles ás explosións e adoitan ser moi desagradables para eles, en especial para os cans.

Horarios dos fogos de ruído durante as celebracións do San Xoán (do 20 ao 28 de xuño):

  • Luns 22/06
    • 12.00 h. Salva- Inicio Festas
    • 20.30 h. (aprox.) Disparo -Inicio do pregón
    • 21.30 h. (aprox.) Disparo – Finalización do pregón

  • Martes 23 /06
    • 21.00 h. Disparo – Inicio Cachela

  • Mércores 24/06
    • 11.00 h. Salva
    • 12.30 h. Salva
    • 13.30 a 14.00 h. Disparos procesión
    • 18.30 h. Salva
    • 19.30 h. Salva
    • 23.00 h. Disparo – Inicio Concerto Baiuca

  • Xoves 25/06
    • 11.00 h. Salva
    • 12.30 h. Salva
    • 18.30 h. Salva
    • 20.00 h. Disparo – Inicio Verbena Os Satélites
    • 23.00 h. Disparo – Verbena La última legión

  • Venres 26/06
    • 11.00 h. Salva
    • 12.30 h. Salva
    • 21.30 h. Disparo – Inicio Concerto Tito Ramírez
    • 23.00 h. Disparo – Inicio Concerto Joe Crepúsculo

  • Sábado 27/06
    • 13.00 h. Disparo – Inicio Rockin’ sesión vermú
    • 21.00 h. Disparo – Inicio Rockin’ noite

  • Domingo 28/06
    • 13.00 h. Salva festiva
    • 18.30 h. Salva festiva