O programa do San Xoán 2026 inclúe, como cada ano, unha exposición colectiva. Este ano leva o título “O Susurro dos Antergos” é recolle obras de artistas da comarca de Bergantiños. A mostra mergúllase na riqueza da mitoloxía galega, dando vida aos seus seres, lendas e simboloxías. A través dunha mestura de obras plásticas, instalacións e performance, a mostra crea un espazo sensorial onde o pasado e o presente dialogan. Un convite a escoitar as voces antigas que aínda latexan na nosa memoria colectiva.
O acto de inauguración será o xoves 18 de xuño ás 21.00 horas no andar -1 do Pazo da Cultura e contará coa presenza dos artistas responsables da mostra, así como do alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e a concelleira de Cultura, Maruxa Suárez. O horario de visita da exposición será de luns a sábado de 17.00 a 20.30 horas.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.