A web oficial do concello de Carballo

Concerto de 9Louro na Praza do Concello

26/06/2026
00:00
Praza do Concello

A Praza do Concello acolle no marco das Festas de San Xoán o concerto de 9Louro a partir das 00.30 horas. Martín Louro, nado en Muros en 2004, máis coñecido coma 9Louro, é un cantante galego de pop urbano, trap, música electrónica e raeggeton. Malia estar relacionado coa música urbana afeccionada autoproducida durante varios anos, Martín Louro comezou a súa traxectoria musical de xeito profesional en 2024, coa publicación do seu primeiro álbum Nove noves. Despois de estudar un ciclo superior de Electrónica e electricidade, apostou pola música a nivel profesional. Criado nunha familia de artistas, Louro é o irmán menor de Xanma Louro, músico da banda The Rapants.

En 2026 9Louro comezou a ter notoriedade na música urbana en galego, logo de encher a finais de 2025 a igrexa da Universidade de Santiago nun concerto de balde que deixou fóra ducias de persoas. Actuou no festival Emigrason de Bruxelas, un festival dedicado á música en galego celebrado na sala Tricoterie da capital belga. Semanas despois esgotou as entradas para o seu concerto na sala Capitol de Santiago de Compostela en apenas trinta minutos.

Non hai campos definidos para este produto.