O día grande das festas de San Xoán 2026 a Praza do Concello acolle o concerto de BAIUCA a partir das 23.00 horas. Proxecto pioneiro en fusionar a música tradicional galega con electrónica de vangarda, BAIUCA converteuse nun fenómeno cultural e musical practicamente desde os seus inicios. Con tres álbums longos publicados (os icónicos “Solpor”, “Embruxo” e “Barullo”), dous EPs (“Misturas” e “Paisaxes”), dous splits (“Adélia”, xunto ás portuguesas HAEMA; e “Diamante / La Nana”, xunto a Alba Reche), o produtor e artista galego Alejandro Guillán conseguiu instalar unha nova idea de mestizaxe musical que se converteu en referente non só dentro do estado senón tamén fóra das nosas fronteiras.
En poucos anos de carreira, xirou por países como México, Colombia, Ecuador, Marrocos, Sudán, Portugal, Países Baixos, Italia, Reino Unido, Francia ou Suíza. E é que o formato de banda en directo de Baiuca non só ten ao propio produtor galego no centro da ecuación tocando diferentes instrumentos tradicionais galegos e, á vez, operando cos seus sintetizadores e programacións; senón que o acompañan algúns dos músicos máis prestixiosos da música tradicional estatal.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.