O Rego da Balsa (diante da Biblioteca municipal) acolle a partir das 21.00 horas unha verbena coa presenza da Orquestra Compostela. Esta formación é a máis antiga de Galicia, xa que está en activo desde 1919. Nos seus inicios, a orquestra musicalizaba as películas de cine mudo, ademais de animar bailes e festas. Resistente ao paso do tempo e ás modas, durante a súa longa vida ten actuado para audiencias de toda España e tamén do mundo en centro culturais galegos doutros países. Interpretan un repertorio que tamén inclúe composicións propias, como a coñecidísima Hay un gallego en la luna (Pandeirada sideral). Polas súas filas teñen pasado recordados músicos, cantantes e compositores.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.