Un ano máis, e xa van catro, o Rego da Balsa (diante da Biblioteca municipal) acolle a Cachela do San Xoán xunto cunha sardiñada con racións a prezos populares. A cita, a partir das 21.00 horas, está patrocinada por Todo Lar e polas panadarías de Carballo, que proporcionan o pan para a cita: A Milagrosa, Alfonso, Añón, Arsilia, Cancela, Élida Mesejo, Forno Novo, Garcos, Muíño, Seoane, Nuria e PanIgnacio.
Ademais, está previsto que ás 0.00 horas se produza a queima da cachela, deseñada e construída polo carballés Maximino Pazos con materiais doados por Pinturas Kromo. A partir das 0.30 horas a festa continuará cunha sesión de DJs a cargo de Señora DJ.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.