Carballo será unha das paradas dunha nova edición da Festa da Música da Deputación da Coruña. A iniciativa forma parte da conmemoración do Día Europeo da Música que se celebra o 21 de xuño. O auditorio do Pazo da Cultura acolle un concerto de Su Garrido Pombo, cantante, música e compositora galega. O seu estilo musical abrangue diversos xéneros con toques de bossa nova, folk, jazz e latin. Creceu en Traspielas, no concello de Fornelos de Montes, onde o tempo que pasou coa súa avoa Leonora influíu profundamente na súa música. Precisamente, presentará en Carballo o seu último traballo titulado Traspielas e inspirado nas composicións tradicionais da súa vila natal. Ten unha ampla formación académica, que inclúe estudos no Conservatorio de Guitarra, Historia da Arte e Musicoloxía.
A entrada é de balde ata completar a capacidade do recinto.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.