A Praza do Concello acolle a Foliada do San Xoán, unha cita que contará coas actuacións da Escola do Alprende de Oza, da AC Arume de Verdillo, da AC Nemeth, da AC San Campio de Cances e do Coro Aires de Bergantiños. Ademais, celebrarase un concerto a cargo do grupo Lorelia. A agrupación naceu como Paracetafolk a finais de 2023, gañando o premio de Artista Emerxente nos Martín Códax da Música 2025. Teñen publicado xa varios sinxelos e un EP, e agora preséntanse como Lorelia con 8 compoñentes.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.