A Skate Praza do Rego da Balsa acolle o Balsiña Fest, un festival de cultura urbana que se celebra o sábado 13 de xuño a partir das 17.00 horas. A música é o fío condutor desta cita na que se alternarán grandes promesas con DJ sets e artistas da zona. Como cabeza de cartel, desde Santa Comba chega LG1DO. Con só 18 anos, é unha das voces emerxentes máis potentes da escena urbana. Cunha mestura de galego e castelán melódico, acumula máis dun millón de escoitas, e o seu tema Darche chegou ao TOP 4 do 50 viral de España en Spotify. Compartindo o liderado do cartel nesta primeira edición estará Collazo, outro dos artistas emerxentes do panorama musical galego. O carballés Tunaboy porá a representación artística local sobre o escenario. E, na cabina, unha coidada selección de DJs locais fará vibrar o parque: Kelsier, Emete, LouLow, Cotelo, DJ Roy e Luciano Macaro.
Ademais haberá unha skate jam organizada co colectivo local de skaters, para converter a Skate Praza nun espazo de pura competición e exhibición. O programa complétase cunha instalación artística: unha peza colaborativa coa AC Cascabullo que aposta polo deseño e a creación visual como linguaxe propia da mocidade.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.