A web oficial do concello de Carballo

Estrea do documental “1846-Revolución Galega”

02/06/2026
20:00
Escolas do Xardín Agra de Caldas

As Escolas do Xardín Agra de Caldas de Carballo acollen a estrea do documental 1846-Revolución Galega. Esta peza audiovisual, dirixida polo profesor de lingua e literatura galega César Caramês, é o resultado de anos de intensa investigación histórica e ve a luz coincidindo xustamente co 180.º aniversario deste levantamento, considerado polos organizacións como «un dos episodios máis importantes da historia contemporánea de Galiza».

O proxecto, impulsado pola Fundación Galiza Sempre, conta nesta ocasión coa colaboración de Lumieira, a histórica entidade cultural carballesa que este ano está a festexar o seu medio século de traxectoria.

A fita destaca polo seu rigor e pluralidade, incorporando un amplo elenco de 17 voces expertas que analizan os acontecementos de 1846 desde perspectivas moi diversas.

A entrada ao evento será totalmente de balde ata completar o aforo. Tras a proxección, os asistentes poderán participar nun coloquio aberto co propio director, César Caramês, para afondar nos detalles da rodaxe e na relevancia histórica dos feitos narrados.

Non hai campos definidos para este produto.