A web oficial do concello de Carballo

Obradoiros científicos impartidos polo GRICA-BIOpast da UDC

Do 01/06/2026 ata o 05/06/2026
17:00
Escolas do Xardín Agra de Caldas

Dentro da programación da Semana do Medio Ambiente están programados tres obradoiros científicos que serán impartidos por persoal investigador do GRICA-BIOpast da UDC, o Grupo de Investigación en Cambio Climático e Paleobioloxía.

Luns, 1 de xuño: Reconstrucións Climáticas, unha sesión para comprender os métodos de estudo do clima do pasado.

Mércores, 3 de xuño: Paleontoloxía 3D, centrada na dixitalización 3D de mostras paleontolóxicas.

Venres, 5 de xuño: Que nos contan os fósiles?, onde as persoas participantes poderán elaborar moldes e réplicas de fósiles.

Toma nota:

  • Duración aproximada: 2 horas
  • Público destinatario: nenos/as a partir de 12 anos e público adulto
  • Prazas limitadas
  • Inscricións no formulario inferior (máximo 1 obradoiro por persoa. No caso de que queden prazas libres abrirase un novo prazo de inscrición)

 

As actividades forma parte do Proxecto Talento quilómetro cero (TALK0).

No caso de non poder asistir debe comunicarse por Whatsapp ao 604 072 887.

Non hai campos definidos para este produto.