A web oficial do concello de Carballo

A Aula CeMIT do Concello de Carballo será sede das probas para a obtención do certificado galego de competencias dixitais do nivel intermedio

A Aula CeMIT do Concello de Carballo será, por primeira vez, sede para a realización das probas para a obtención do certificado galego de competencias dixitais do nivel Intermedio, tal como recolle o Diario Oficial de Galicia con data 6 de maio de 2025 (núm. 85).

Así mesmo, as probas para a obtención do certificado ComDix de nivel intermedio serán o 18 de xuño de 2025 ás 12.00 h na Aula CeMIT. Hai 20 prazas.

As persoas interesadas deben inscribirse a través da páxina do CeMIT a partir do mércores 7 de maio. Máis información, no documento anexo.