A web oficial do concello de Carballo

Isabel García García e Olalla Rama García pechan o Pint of Science

20/05/2026
19:30
Bar Mercado

O festival Pint of Science celebra a súa terceira xornada con outro cartel de luxo!

  • Olalla Rama García: Enxeñeira experta en ciberseguridade con acreditacións internacionais (CISM, CEH). Consultora en contornas críticas e defensora da sensibilización tecnolóxica dende a infancia. Coa charla Clics e claves: sobrevivindo ao día a día dixital ofrecerá consellos prácticos sobre phishing e contrasinais para protexer a nosa información de forma sinxela e efectiva.
  • Isabel García García: Doutora en Desenvolvemento Psicolóxico e Logopeda. Unha voz autorizada na investigación do Trastorno do Espectro Autista (TEA) e a inclusión educativa. En Non é só autismo, proporá unha mirada ampla sobre o TEA, abordando como a ciencia axuda ás familias a convivir coa incerteza e a comprender mellor esta realidade desde a infancia.

 

Vémonos ás 19.30 horas no bar Mercado.

Non hai campos definidos para este produto.