A web oficial do concello de Carballo

Alejandro Ávila Álvarez e Alba Vilariño Porteiro, na segunda xornada do Pint of Science

19/05/2026
19:30
Cafetaría Pazo da Cultura

Aquí tes o cartel da segunda xornada do festival Pint of Science:

  • Alejandro Ávila Álvarez: Doutor Cum Laude e pediatra no CHUAC. Cunha traxectoria internacional (Boston, Melbourne), é un dos grandes investigadores galegos en neonatoloxía e complicacións na prematuridade. En Investigando o pulmón dos neonatos prematuros, falará sobre os retos para predecir a displasia broncopulmonar e a busca de respostas no ADN mitocondrial ou as proteínas do sangue.
  • Alba Vilariño Porteiro: Biotecnóloga e investigadora en CETIM. Especialista en biohidrometalurxia, lidera proxectos para recuperar metais críticos de residuos electrónicos usando microorganismos. En Unha mina no teu peto descubriranos que os nosos residuos electrónicos son auténticas “minas urbanas” e como as bacterias poden axudarnos a recuperar metais clave para a transición enerxética.

 

A cita é ás 19.30 horas, na cafetaría do Pazo da Cultura.

Non hai campos definidos para este produto.