A web oficial do concello de Carballo

O Conservatorio Profesional de Música ten por diante un mes de maio cargado de audicións e concertos abertos a toda a veciñanza

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo ten preparada para o mes de maio unha ampla programación de audicións e concertos cos que pretende, por unha banda, poñer en valor o traballo diario do alumnado do centro, e, por outra, achegar a música a toda a veciñanza.

Con esa finalidade, ao longo do mes das Letras Galegas haberá audicións de distintos instrumentos e concertos didácticos, tanto no auditorio do Pazo da Cultura coma na Biblioteca Rego da Balsa, para achegar a música aos máis pequenos. A Orquestra do CMUS tamén ten programada unha actuación en Ferrol.

O curso entra na recta final, e para o mes de maio tamén están previstos os actos de graduación do alumnado, tanto de grao elemental como do profesional. O programa ao detalle, na seguinte imaxe.