A web oficial do concello de Carballo

Intensa axenda cultural do CMUS Carballo para o mes de maio

Do 12/05/2026 ata o 01/06/2026
Horario Adaptado
Pazo da Cultura

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo presenta a súa programación de actividades e audicións para este mes de maio, na que destacan os actos de graduación e unha gran variedade de concertos instrumentais.

  • Martes, 12 de maio:

    • 19:00 h – recital de graduación no auditorio do Pazo da Cultura.

  • Xoves, 14 de maio:

    • Toda a mañá – concerto didáctico no auditorio.

  • Sábado, 16 de maio:

    • 12:00 h – premios dos VIII Contos de Primavera en Conservas Calvo.

  • Xoves, 21 de maio:

    • 19:00 h – ceremonia de graduación elemental e profesional no auditorio.

  • Luns, 25 de maio:

    • 18:00 h – audición de percusión na aula de conxunto instrumental.

  • Martes, 26 de maio:

    • 17:30 h – audición de saxofón no salón de actos.

    • 19:00 h – audición de trombón no salón de actos.

  • Mércores, 27 de maio:

    • 17:00 h – audición de trompa e acordeón no salón de actos.

    • 19:00 h – audición de frauta no salón de actos.

  • Xoves, 28 de maio:

    • 17:00 h – audición de clarinete no salón de actos.

    • 18:00 h – audición de violín grao elemental no salón de actos.

    • 18:00 h – ceremonia graduación iniciación no auditorio.

    • 19:30 h – audición de violín grao profesional no salón de actos.

  • Venres, 29 de maio:

    • 17:30 h – audición de violoncello no salón de actos.

    • 19:00 h – audición de viola no salón de actos.

  • Luns, 1 de xuño:

    • 19:00 h – audición de piano no salón de actos.

Con esta ampla oferta, o CMUS Carballo reafirma o seu compromiso coa formación musical e convida a toda a comunidade a gozar do esforzo e o talento do seu alumnado.

Non hai campos definidos para este produto.