A web oficial do concello de Carballo

Talleres de arranxos florais no mercado municipal

Do 11/05/2026 ata o 14/05/2026
20:00
Mercado municipal

Maio é o mes das flores por excelencia e, no noso mercado, queremos que aprendas a sacarlles o máximo partido. Dentro do Plan de dinamización do mercado municipal, a florista Esther Capelet impartirá un ciclo de obradoiros para que aprendas as técnicas básicas de composición floral.

  • Datas: Do luns 11 ao xoves 14 de maio

  • Horario: 20.00 h

  • Lugar: Sala Cervantes

  • Prazas: 20 para o alumnado de MercaEscola e 20 para o público xeral

  • Inscricións: Xa podes reservar a túa praza no formulario inferior

  • Prezo: De balde. As persoas participantes deben levar a súa propia tesoira

Unha oportunidade única para aprender da man dunha profesional do mercado e fortalecer o vínculo co comercio de proximidade. Non quedes sen o teu oco.

Non hai campos definidos para este produto.