O Concello de Carballo, a través da Concellería de Terceira Idade, continúa co programa “Baile no mercado”, unha iniciativa pensada para fomentar o lecer activo e a socialización entre a veciñanza, especialmente das persoas maiores.
As sesións celebraranse todos os domingos do mes de maio, en horario de 18.00 a 21.00 horas, no mercado municipal. A actividade será de balde e aberta a toda a cidadanía.
O programa contará coa actuación de diferentes artistas e formacións musicais:
Esta iniciativa busca promover hábitos saudables a través do baile, ao tempo que se crean espazos de encontro interxeracional nun ambiente lúdico e participativo.
A Concellería de Terceira Idade anima a toda a veciñanza a achegarse ao mercado municipal e gozar destas tardes de música en directo e baile.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.