A web oficial do concello de Carballo

O Concello de Carballo, entidade colaboradora do Programa FSE+ de asistencia material básica

O Concello de Carballo é unha das entidades colaboradoras do Programa FSE+ de asistencia material básica, cuxo obxectivo principal é loitar contra a privación material das familias en situación de pobreza severa con menores a cargo. O resultado que se pretende acadar é a cobertura das necesidades de alimentos e produtos materiais básicos destas familias, así como a mellora da súa inclusión social.

Acceso e derivación ao programa:  As solicitudes de acceso ao programa tramitaranse polos/as traballadores/as sociais dos servizos sociais comunitarios básicos do concello de residencia da persoa solicitante, na súa condición de profesionais de referencia do Sistema Galego de Servizos Sociais.

O período de acceso e derivación estará aberto ata o 30 de xuño de 2028, aínda que este prazo podería acurtarse en cada anualidade en tanto o acceso ao programa queda suxeito á existencia do crédito orzamentario.