O Concello de Carballo convoca as axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e de grao elemental ou profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo co obxecto de axudar ás familias cunhas condicións socioeconómicas máis desfavorables a afrontar os gastos derivados da escolarización das súas fillas e fillos.
PRINCIPAIS REQUISITOS
- É requisito indispensable que a persoa beneficiaria e, cando menos, un dos proxenitores estea empadroado co beneficiario/a no termo municipal de Carballo e que dispoñan de DNI,NIE ou NIF provisional.
- Poderán optar a unha axuda aqueles/as solicitantes cuns ingresos familiares anuais que non excedan as cantidades que se recollen na táboa seguinte segundo o número de membros computables da familia.
MÁXIMO DE INGRESOS FAMILIARES ANUAIS
| Familias de 2 membros computables | 25.702 € |
| Familias de 3 membros computables | 25.702 € |
| Familias de 4 membros computables | 40.217 € |
| Familias de 5 membros computables | 44.718 € |
| Familias de 6 membros computables | 48.116 € |
| Familias de 7 membros computables | 51.475 € |
| Familias de 8 membros computables | 54.821 € |
Os ingresos calcularanse por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). Os membros que presentasen Declaración do IRPF de 2024, sumarán os recadros 435 (base impoñible xeral) e a 460 (base impoñible do aforro), cando non se presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.
PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do 24 de abril ao 25 de maio de 2026
INFORMACIÓN E CONSULTA DE DÚBIDAS
De 10.30 a 12.30 h de forma presencial no Pazo da Cultura ou telefonicamente nese mesmo horario no 981 704 300.
LUGAR E HORARIO DE PRESENTACIÓN
-A través da sede electrónica https://sede.carballo.gal/
-Nos rexistros:
- Rexistro Xeral do Concello de Carballo 981 704 100
- Rexistro auxiliar de Cultura de 10.30 h a 12.30 h 981 704 300
- Rexistro auxiliar Servizos Sociais 981 704 706
- Rexistro auxiliar Deportes 981 702 109
- Rexistro auxiliar Fórum 981 709 010
DOCUMENTACIÓN BÁSICA QUE SE PRECISA
- Modelo normalizado de solicitude con todos os epígrafes cubertos e asinados
- Copia do libro de familia ou Certificado Literal de Nacemento
- Xustificante de titularidade onde constará o nº de conta (co IBAN) a nome da persoa beneficiaria ou solicitante da axuda.
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde
conste a atribución da custodia do/a beneficiario/a.