A web oficial do concello de Carballo

“O arcón de Noa”, teatro para toda a familia con Amarelo Cía

19/04/2026
18:00
Pazo da Cultura

Noa é unha nena que vive coa súa nai e non ten con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Todo parece vello e apagado no seu mundo solitario. Pero un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra nun mundo máxico no que os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles.

O arcón de Noa é un conto de maxia e fantasía no que conflúen a danza, a música, a utilización de obxectos ou a imaxinación para tratar valores sociais e temáticas relevantes para o desenvolvemento emocional das nenas e nenos como a empatía, a sostibilidade, a cooperación, a diversidade ou a inclusión e o respecto ao diferente. Todo acaba unido para contar unha historia de amizade que amosa que un mundo máis xusto e igualitario é posible.

Interpretación: Raquel Ferradás, Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco
Iluminación: Nacho Martín
Música orixinal: Bruno Baw
Voz en off: Iria Álvarez Leirós
Dramaturxia e coreografía: Raquel Ferradás, Carlota Rosón Rojo, Martín Blanco e Lilian Portela
Dirección: Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco

Duración: 40 min.
Público: En familia (a partir de 3 anos)

Prezo da entrada ordinario: 7 € / 4 €.

ACCEDE AQUÍ Á BILLETEIRA 

Coa colaboración da Deputación da Coruña

Non hai campos definidos para este produto.