A web oficial do concello de Carballo

Gala de entrega de premios e sesión vermú para pechar o Carballo Interplay

19/04/2026
Horario Adaptado
Mercado municipal

Chegamos ao final da 13ª edición do Carballo Interplay. Despois de catro días intensos de series, podcasts e debates, toca coñecer quen son os gañadores e gañadoras deste ano e celebralo como merece nunha mañá de risas e moito ritmo.

12:30h | Gala de entrega de premios

Lugar: Mercado de Carballo A gran cerimonia de clausura será conducida pola xenial Lorena Iglesias. A creadora de Millennial Mal e vella coñecida do festival (recordamos con agarimo o seu Necroshow ou a súa charla sobre a Pochosfera) será a encargada de anunciar o palmarés da Sección Oficial. Un show de clausura onde o talento dixital e o humor máis ácido se dan a man.

13:30h | Monkey Mambo Club: Sesión Vermú

Lugar: A Xamonería Para que a despedida non sexa tan amarga, trasladámonos á Xamonería para o fin de festa. Alex Lorenzo e Pitu (Monkey Mambo Club) porán a banda sonora ao último vermú do festival. Unha viaxe musical que vai desde o R&B e o Soul dos 50 e 60 ata o Garage, o Surf, o Power Pop e o Ye-yé. O plan perfecto para comentar as xogadas do festival e bailar antes de baixar o pano ata o vindeiro ano.

Non hai campos definidos para este produto.