A web oficial do concello de Carballo

IA, podcasting e o fenómeno “Bimboficadas”, no Carballo Interplay

17/04/2026
Horario Adaptado
Mercado municipal

O segundo día do Carballo Interplay 2026 fura de cheo na realidade actual: desde o impacto da intelixencia artificial no noso traballo ata o auxe dos podcasts de conversa e as novas voces que dominan as redes. Unha xornada para aprender, debater e, por suposto, gozar de estreas exclusivas.

Mañá: Zona PRO e reflexión dixital

O mercado de Carballo convértese nun espazo de debate profesional (con interpretación en lingua de signos e streaming):

  • 10:30h | Isto non é ciencia ficción: O equipo de Maldita analiza como ferramentas como ChatGPT, Gemini ou Midjourney cambiaron as redaccións e o traballo nos medios neste 2026.

  • 11:30h | O reinado da conversa: Estamos en plena crise do podcast narrativo? Profesionais de Prisa, RNE e Tresdeu Media debaten se a industria abandonou a investigación en favor do “faladoiro” viral.

  • 12:30h | Novas voces: Trescentostrece, Salseología, Literal247 e Woke up! explican como loitar contra o algoritmo para facerse un oco con contidos que van máis alá de “contar cousas”.

Tarde: talento galego e competición

  • 16:00h | Pitching de proxectos: O momento da verdade para a creación dixital en galego. Novas ideas buscan o impulso do festival ante un xurado experto.

  • 17:30h | Sección oficial (bloque 2): Continúa a maratón de series internacionais con títulos como T rex, Alucinema ou Delirio Sketches.

Noite: shows en directo e estreas

A partir das sete, o festival vístese de gala e humor:

  • 19:00h | Sexo en Nueva York (podcast live): Raquel Piñeiro e Patricia Blanco traen por primeira vez a Galicia o seu show sobre Carrie e compañía… con referencias inesperadas a Pontevedra!

  • 20:00h | Preestrea de “Millennial Mal”: Tras o seu paso por Málaga, Lorena Iglesias presenta na casa a súa nova serie. Unha cita imprescindible co audiovisual galego máis actual.

  • 22:30h | Rajando con… BIMBOFICADAS: O prato forte da xornada. Samantha Hudson e María Barrier aterran co seu podcast para analizar a actualidade co seu característico humor subversivo (Requírese reserva de entrada, e xa están esgotadas).

Streaming: Se non podes vir, as sesións da mañá e o podcast de “Sexo en Nueva York” poderán seguirse online.

Entradas: De balde ata completar capacidade (agás o show de Bimboficadas, que precisa reserva previa).

Non hai campos definidos para este produto.