A web oficial do concello de Carballo

OEP 2022 (O). INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL

Código

EXP: 2024/E001/000021

Grupo

A2

Escala

Administración Especial

Sistema selectivo

Concurso-oposición (quenda promoción interna)

Data de actualización

2025-04-25

Inscricions

Dende o 7/5/2025 ata o 3/6/2025

Estado

Aberto

Publicadas no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 59 de 27/03/2025 as Bases Xerais e Bases Específicas que regularán a Convocatoria pública e o proceso selectivo para a cobertura en propiedade por persoal funcionario de carreira, en quenda de promoción interna, dunha (1) praza de Inspector do corpo da Policía Local (grupo A, subgrupo A2), da escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais, clase Policía Local, da escala Executiva, categoría Inspector, incluída na OEP 2022 Ordinaria do concello de Carballo.

De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOLETÍN OFICIAL DO ESTADO.

ATENCIÓN: Calquera solicitude presentada ANTES ou DESPOIS do prazo antedito considerase FÓRA DE PRAZO polo que non será admitida para a participación no proceso selectivo.