A web oficial do concello de Carballo

“Moito conto”, animación á lectura con Ana Prema

22/04/2026
Horario Adaptado
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Esta semana, o programa Medrando con Apego viaxa ata a Biblioteca Rego da Balsa para mesturarse coa Semana do Libro e a Lectura. Ana Prema ofrécenos unha proposta de animación á lectura deseñada especificamente para a primeira infancia.

En Moito conto, Ana Prema crea un espazo de felicidade onde as palabras, os silencios, a música e o xogo se mesturan para ofrecer un tempo de diversión e calma. Unha oportunidade ideal para que os máis pequenos e pequenas se acheguen aos libros dun xeito creativo.

Data: 22 de abril

Horario: Pases ás 17:00 h e 18:30 h

Lugar: Biblioteca Rego da Balsa

Público: Nenos e nenas de 1 a 4 anos

Inscricións: no formulario inferior

Non hai campos definidos para este produto.