A web oficial do concello de Carballo

Función teatral para estudantes de bacharelato

16/04/2026
11:00
Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura acolle a representación de Carne Viva, unha peza da compañía Bengala Producións dirixida especificamente ao público adolescente. A iniciativa, sufragada pola área de Igualdade da Deputación da Coruña, contará coa asistencia do alumnado de 1º de Bacharelato dos institutos Alfredo Brañas e Isidro Parga Pondal.

A función non se limitará á representación escénica, senón que incluirá un coloquio posterior cos integrantes da compañía. O obxectivo deste encontro é abordar coa mocidade temas transversais como o acoso escolar, o feminismo e a conciliación. A proposta busca fomentar o pensamento crítico e o autocoñecemento, utilizando a arte como ferramenta de exploración individual e colectiva.

Non hai campos definidos para este produto.