A web oficial do concello de Carballo

Primavera enDanza convídavos ao obradoiro infantil “Xogar, sentir e moverse”

19/04/2026
12:00
Pazo da Cultura

Dentro da XXIV edición de Primavera enDanza, a Concellaría de Cultura convídavos a participar no obradoiro infantil Xogar, sentir e moverse, un espazo divertido onde nenas e nenos descubren o seu corpo a través do xogo, o movemento e as emocións.

A danza convértese así nunha ferramenta para xogar, relacionarse e explorar sen pasos fixos nin coreografías pechadas, poñendo o foco no pracer de moverse.

Realizaremos xogos de quecemento e activación corporal, propostas guiadas baseadas en imaxes, historias e emocións, así como pequenas dinámicas de grupo.

  • Data: domingo 19 de abril
  • Horario: de 12.00 a 13.00 h
  • Público: familiar
  • Prazas 15 prazas para cativos e cativas, acompañados/as por 1 persoa adulta. Inscricións no formulario inferior.
  • Idades: a partir de 3 anos
  • Imparte: Raquel Ferradás, da compañía Amarelo

 

IMPRESCINDIBLE
PRESENTAR A AUTORIZACIÓN PARA MENORES!
DESCARGAR AQUÍ E ASINAR

2 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.