A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade ofrece ás familias un recurso de conciliación para as vacacións de Semana Santa. Os días non lectivos (30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril) estará dispoñible o programa Concilia tanto para escolares que o utilizan habitualmente durante o curso escolar coma para o resto do alumnado, sempre que queden prazas dispoñibles.
O horario será o habitual, de 07.00 a 14.30 horas, cun prezo de 10.40 euros por día, incluído o almorzo. O servizo prestarase no Recuncho dos Nenos (rúa Barcelona, 18, entrechán dereito), onde as familias deberán deixar e recoller aos nenos e nenas.
O prazo de solicitude está aberto ata o 24 de marzo. No caso de non contar co número mínimo de ususarios/as establecido na ordenanza reguladora do servicio, o Concello poderá valorar a viabilidade de poñer en marcha o servizo (artículo 2, punto 1, da ordenanza).
Máis información e formulario, no documento anexo.