A web oficial do concello de Carballo

A Concellaría de Innovación impulsa a formación dixital con novos cursos gratuítos para maiores de 18 anos na Aula CeMIT

O Concello de Carballo, en colaboración con CiberVoluntarios e o programa YoConecto.org, anuncia unha nova programación de cursos presenciais gratuítos destinados a pechar a fenda dixital e mellorar as habilidades tecnolóxicas da cidadanía.

Estas formacións, dirixidas a persoas maiores de 18 anos, inclúen certificación oficial. Os cursos levaranse a cabo na Aula CeMIT (Pazo da Cultura) e abranguen dende o uso da Intelixencia Artificial ata a seguridade na rede ou a procura de emprego.

Calendario de formacións

CursoDatasHorario
Crea contido con Intelixencia Artificial (IA)30, 31 de marzo, 1 e 6 de abril10:00 a 13:00
Apps útiles para a xestión de trámites en Internet30, 31 de marzo, 1 e 6 de abril16:30 a 19:30
Como buscar emprego no mundo dixital9, 10, 16 e 17 de abril10:00 a 13:00
O teu currículum dixital7, 8, 14 e 15 de maio10:00 a 13:00
Apps útiles para a xestión de trámites en Internet (2ª)21, 22, 28 e 29 de maio10:00 a 13:00
Seguridade: Protexe o teu mundo dixital1 ao 4 de xuño10:00 a 13:00

Os cursos están deseñados para todos os niveis e inclúen contidos clave como:

  • Iniciación á internet e banca dixital.
  • Impulso profesional: creación de CV e busca de emprego en liña.
  • Negocio e emprendemento: marketing e comercio electrónico.
  • Benestar e seguridade: protección de datos e uso seguro de internet.

Inscricións

As persoas interesadas poden reservar a súa praza a través das seguintes vías:

  • Internet: https://cemit.xunta.gal/gl/centros/carballo
  • Información: teléfono 981 709 011 ou oficinas municipais do Fórum Carballo (2º andar)