A web oficial do concello de Carballo

Medrando con Apego presenta “Barquiño de pau”, para peques de 0 a 3 anos

18/03/2026
18:00
Escolas do Xardín Agra de Caldas

Canta, Buguina, canta!

Soprando a buguina, comezaremos a nosa viaxe nun Barquiño de pau.

Tropa de Trapo presenta Barquiño de pau, un espectáculo de teatro de obxectos, narración oral e música para a primeira infancia. Explóranse os sentidos dunha maneira amena, coa participación das crianzas. E tamén con moita música, ao son do acordeón, da mandola portuguesa, do dizi chinés ou co propio corpo.

Dirixido a nenas e nenos de 0 a 3 anos, dentro do programa Medrando con Apego.

Organiza: Concellaría de Normalización Lingüística

Esgotado

Non hai campos definidos para este produto.