Os Ratos de Lonxedetodo, da compañía TrinkeTrinke Teatro, volven á biblioteca Rego da Balsa co espectáculo Facendo teatro: O pequeno raposo.
DESCRICIÓN: Ao rato Fuco gústalle moito o teatro, sobre todo pola súa dimensión lúdica e grupal. Hoxe vai dirixir a obra O pequeno raposo, representada por algúns dos asistentes, que, tras uns pequenos xogos, estarán listos para actúar.
Contos: O pequeno raposo. Fábulas y Criaturas Mágicas: maquillajes, máscaras y escenificación.
.
PÚBLICO: Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante.
DATA E HORA: A sesión terá lugar o mércores 25 de marzo. Dúas sesións: 17.30h e 18.30h
INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o formulario inferior a partir do mércores, día 18 de marzo.
IMPORTANTE: Deberanse seguir as indicacións do persoal á hora de ocupar os asentos. Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.
Para cancelar a asistencia é preciso chamar ao teléfono 981 758 580.
Agardámosvos!
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.