A web oficial do concello de Carballo

Amigos de Galicia imparte un novo taller de promoción das TIC para persoas maiores de 60 anos

Do 24/02/2026 ata o 02/03/2026
10:00
Escolas do Xardín Agra de Caldas

En marzo terá lugar un novo taller de promoción das TIC organizado por Amigos de Galicia coa colaboración da Concellaría de Terceira Idade, unha iniciativa que na súa primeira edición tivo unha excelente acollida.

O taller de promoción das TIC desenvolverase os días 5, 6, 12 e 13 de marzo, de 10.00 a 12.30 horas, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas. As persoas participantes formaranse no manexo dos teléfonos móbiles, correo electrónico, aplicacións como Sergas Móbil ou Whatsapp, a Chave 365, uso de máquinas de quendas ou caixeiros automáticos… e dúbidas que poidan ter os/as usuarios/as.

As persoas participantes deben ter 60 anos ou máis, ou ben ser pensionistas ou xubiladas. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de solicitude. As solicitudes poden realizarse cubrindo o formulario inferior. O prazo está aberto desde o 24 de febreiro ata o 2 de marzo ou ata completar prazas.

15 dispoñibles (pode reservarse)

Non hai campos definidos para este produto.