A web oficial do concello de Carballo

Como podes participar nas diferentes actividades da Atlantic Games Conference

Do 09/04/2026 ata o 12/04/2026
Horario Adaptado
Fórum Carballo

Atlantic Games Conference é un evento profesional de charlas e networking orientado ao sector do desenvolvemento de videoxogos, que se celebrará no auditorio do Fórum Carballo.

O encontro reúne a profesionais, estudios independentes, estudantes e persoas interesadas na industria do videoxogo nun espazo pensado para compartir coñecemento, experiencias e crear novas oportunidades de colaboración.

Ti tamén podes participar! Contámosche como:

1. Charlas profesionais

Terán lugar no auditorio do Fórum Carballo e contarán con persoas expertas do sector que abordarán diferentes áreas do desenvolvemento de videoxogos: deseño, programación, arte, narrativa, produción e negocio.

Podes reservar entrada de balde para asistir ás charlas no formulario que atoparás máis abaixo.

2. Zona de networking e postos de videoxogos

Espazo aberto con postos onde se poderán probar videoxogos e coñecer proxectos en desenvolvemento. Un punto de encontro directo entre creadoras/es, estudios e público.

Non require entrada previa. O acceso é libre.

3. Talleres especializados

Actividades formativas de carácter práctico, centradas en áreas específicas do desenvolvemento de videoxogos.

Prazas limitadas. A forma de inscrición anunciarase proximamente a través das redes oficiais do evento.

Non hai campos definidos para este produto.