O programa De landras da carballos despídese por este ano coa actividade Rachando co guión, a cargo de Celtia Figueiras (A xanela do maxín), un obradoiro participativo que utiliza o xogo dramático e o teatro foro para reflexionar sobre a desigualdade de xénero, cuestionar estereotipos e promover convivencia inclusiva.
Todas as sesións teñen capacidade para 30 nenos/as e están deseñadas para ser vividas en familia, coa intención de reforzar os vínculos afectivos e favorecer aprendizaxes significativas desde as primeiras idades.
Idades: de 6 a 11 anos. Cada neno/a poderá asistir cun máximo de dúas persoas acompañantes.
Duración: 60 min
Organizan: concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística
Inscrición: no formulario inferior
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.