A web oficial do concello de Carballo

Mª Carmen Guillamet, de Ardaña, gañadora da cesta de Entroido do mercado municipal

Mª Carmen Guillamet, veciña de Ardaña, foi a gañadora da cesta de Entroido do mercado municipal.

O sorteo realizouse este venres 13 de febreiro, coa presenza do alcalde, Daniel Pérez; o concelleiro de Feiras e Mercados, Ramón Varela; a presidenta da asociación A Praza, Ángeles Bello, e varios concesionarios/as dos postos do mercado. Xandre Muíño exerceu como man inocente.

A cesta foi elaborada con produtos doados polos comerciantes da praza:

Ingredientes para o cocido: restra de chourizos, morcilla do país, dúas androllas, botelo, ladeira de touciño, lacón, laconciño e dúas medias cacheiras, ½ kg de patacas, mando de grelos, boroa de millo do país e 1 kg de garavanzos do Maragato.

E ademais, vales de compra para todo isto: almorzo para dúas persoas, unha centola, pescada de 1,5 kg, saco de mexillóns, 25 € en peixe, 15 € en roupa, 20 € en flores ou plantas, 20 € en calzado barefoot e a restauración dunha fotografía antiga.

Parabéns á gañadora e grazas pola colaboración a Carnizaría Alfredo, Carnizaría Carlos, Carnizaría Felípez, Carnizaría Costa, Peixaría Antonio, Peixaría Carmiña, Peixaría Belén, Peixaría Rojomar, Froitaría Mitos, Panadaría Nuria, Floraría Tropicana, Ouvea Estudio, Upa! Barefoot e María Moda e Complementos.