A web oficial do concello de Carballo

Entroido | Pasarrúas coa Charanga Bregadiers

16/02/2026
20:00
Praza do Concello

Entroido |  Pasarrúas pola Praza do Concello e outras rúas de Carballo para animar o luns de Entroido, neste caso coa Charanga Bregadiers. Ritmos de swing, jazz e rock & roll caracterizan a esta agrupación de músicos experimentados cuxa banda trae música doutras partes do mundo ás rúas de Galicia. Inspirados nas bandas de música, as fanfarrias e as bandas xitanas, Os Bregadiers son herdeiros destas tradicións, cunha calidade musical e artística innegable. A partir das 20.00 horas.

 

Non hai campos definidos para este produto.