Entroido | Carballo celebra o tradicional Enterro da Sardiña para despedir o Entroido. A cita contará con animación da Aula de Teatro Municipal de Carballo, dirixida por Galeatro. O percorrido sairá da Praza do Concello e a comitiva realizará un itinerario polas rúas de Carballo ata chegar ao Parque do Anllóns, onde se bota a sardiña no río. Colaboran coa actividade a Policía Local e o Servizo Municipal de Protección Civil, así como a Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil de Carballo. Ao remate, repartiranse postres de Entroido e algo de beber entre os e as asistentes. A cita comeza ás 19.00 horas.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.