A web oficial do concello de Carballo

Entroido | III Re-nacemento do Chorón na Milagrosa

14/02/2026
13:00
Rúa Jose María Castroviejo

Entroido | A Milagrosa acolle a terceira edición no Re-nacemento do  Chorón, unha festa que xurdiu en lembranza dunha árbore talada no mesmo barrio. A xornada comeza ás 13.00 h. coa discoteca Impacto e DJ Bermúdez. O Tren da Unha animará a sesión vermú a partir das 14.00 e, entre as 16.00 e as dúas da madrugada, a música soará da man de disco Impacto, DJ Bermúdez, DJ Nyan Boe e DJ Frankestone.

Como cada ano, o momento máis importante do día chega coa Procesión do Chorón polas rúas da Milagrosa, a partir das 18.00 h. O seu terceiro aniversario será celebrado no xardín do Fórum. Na Corredoira da Asturiana (rúa José María Castroviejo)  haberá carpa climatizada e pulpeira. Xa ás 23.00 h., terá lugar o sorteo dun carro de produtos de entroido.

 

  • Organiza a Comisión de Festas da Milagrosa | Colaboran o Concello de Carballo e a ACD A Milagrosa

 

Non hai campos definidos para este produto.