A web oficial do concello de Carballo

Entroido | Concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas

15/02/2026
18:00
Praza do Concello

Entroido | A Praza do Concello acolle o tradicional Concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas que reparte máis de 10.000€ en premios. A cita estará presentada pola regueifeira Lupe Blanco. Nacida en Coristanco en 1980, puxo en marcha a primeira escola municipal de regueifa no Concello de Carballo, que tamén colabora no desfile. O seu traballo levouna a actuar en festivais dentro e fóra de Galicia (de Málaga a Berlín, e incluso Cuba), sempre cunha voz propia e unha capacidade innata para improvisar. A cita é a partir das 18.00 horas e durante o baile posterior farase a entrega de premios.

As inscricións están abertas até o 11 de febreiro para comparsas e carrozas e até o mesmo 15 de febreiro para disfraces de grupos, por parellas e individuais.

 

Non hai campos definidos para este produto.